BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PALAS DE REI

Aquí vos manteremos informados de canto pasa en Palas de Rei e mais en Galiza

información de interese para a XIII asemblea Nacional

Picando na seguinte ligazón podedes ollar toda a información necesaria para participar na XIII asemblea Nacional, así como o documento base, os votos particulares, a localización etc.

O BNG cualifica de "moi boa noticia, de noticia histórica" o anuncio de cesamento definitivo da violencia de ETA

O Bloque Nacionalista Galego considera unha “moi boa noticia”” o anuncio do “cesamento definitivo da actividade armada” feito esta tarde por ETA.

Estamos ante unha moi boa noticia, realmente ante un acontecemento histórico de enorme trascendencia que a bon seguro vai contribuir para a definitiva normalización da vida social e política en Euskadi.

O BNG fai votos por que, apartir de agora, e felizmente xa en ausencia de violencia, as vascas e os vascos podan libremente decidir o seu futuro sen máis teito nen límite que o da súa propia vontade democraticamente expresada.

acto politico, martes día 18 de outubro ás 8 da tarde no Centro Socio-Cultural de Monterroso


Útil para Galiza, útil para a túa comarca

En realidade, a utilidade do BNG é tripla. Útil para Galiza como país, útil para as maiorías sociais e útil para a nosa comarca. Non estamos a falar por falar; o balanzo do traballo feito polos parlamentares do BNG no Congreso e no Senado é tanxíbel e os resultados están aí. Sen o BNG as demandas da nosa coamrca nin tan sequera terían chegado ao Parlamento do Estado. Grazas ao BNG, non só chegaron, senón que en non poucas ocasións foron xestións dos parlamentarios nacionalistas as que serviron para arrincar compromisos e partidas orzamentarias concretas ao Goberno español. É evidente que canta máis forza e máis presenza teña o Bloque Nacionalista Galego en Madrid maior capacidade teremos como sociedade de estar ben defendidos e maior capacidade teremos tamén de obter o que en dereito nos corresponde: un maior investimento público que resulte na creación de emprego e na reactivación da economía, mellores infraestruturas, apoio aos nosos sectorres produtivos...
O 20-N, por tanto, á hora de respaldarmos unha opción política, é ben que pensemos non só en Galiza e nos intereses da súa xente traballadora, é ben que pensemos tamén nos intereses da nosa comarca. Se así o facemos, está claro que apoiaremos as candidaturas do BNG.

Os logros dun traballo feito ao servizo da xente
 
Na comarca da Ulloa sabemos ben da utilidade dos parlementarios do BNG.
Grazas ao deputado Francisco Jorquera e as súas xestións en Madrid, a nosa comarca puido beneficiarse das seguintes actuacións do Goberno do Estado, actuacións que non se terían levado a cabo de non ter sido negociadas polo BNG.

* Iniciativa parlamentaria sobre os problemas derivados das obras da autovía A54 en Palas de Rei, para habilitar o acceso ás parroquias de Mosteiro, Carteire, Barbetouros, Ribeira e Cubelo así como do enlace directo coa A54 e o concello de Antas de Ulla.
* Interpelación sobre o destino dos 400.000 € do proxecto INTERREG III de Antas de Ulla.
* Multiples proposicións de Lei e non de Lei, comparecencias e interpelacións sobre o sector agrario (reparto cotas, variación PAC ), infraestruturas viarias, tarifas eléctricas, mellora das prestacións aos autónomos, en contra de máis encoros nos nosos ríos, cancelación das hipotecas coa entrega do piso, reforma das pensións, etc, todas elas relacionados co benestar xeral e da nosa comarca.
* Moción no Senado demandando a reducción do índice de rendemento neto aplicable á actividade leiteira e cárnica na declaración da renda, por mor do aumento dos prezos do petróleo, fertilizantes, cereiais, etc.
Intevirán:

MARCELINO VÁZQUEZ
Portavoz Municipal do BNG

MARÍA XOSÉ VEGA
Candidata nº 1 ao Congreso

GUILLERME VÁZQUEZ
Portavoz Nacional do BNG

Martes día 18 de outubro
Ás 8 da tarde
Centro Socio-Cultural
MONTERROSO